Thursday 21 de November de 2024

O cruceiro de Entre Vilas, a casa da cadea e o consistorio pobrense redescubríronse polo Día Internacional dos Monumentos e Sitios


Máis de trinta e cinco persoas redescubriron parte do patrimonio local a través da visita comentada As casas institucionais dos concellos do Caramiñal e da Pobra, a cargo do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González.

O cruceiro de Entre Vilas, a casa da cadea e mailo consistorio son os tres espazos que se redescubriron, ademais de se face-la entrega de trípticos informativos.

Esta foi a actividade que impulsou o Concello da Pobra do Caramiñal para conmemora-lo Día Internacional dos Monumentos e Sitios, no 18 de abril, se ben este itinerario patrimonial e cultural se desenvolveu na mañá do día 21 de abril para facilita-la asistencia.