Friday 22 de November de 2024

Arranca unha nova etapa na Asemblea Local do BNG de Ponteceso.


A Asemblea Local nacionalista estará coordinada polo novo equipo do Consello Local.

Márcase entre as súas metas fortalecer o diálogo da organización coa veciñanza pontecesá e seguir a loita a prol da mellora das condicións sociais no municipio. Poñendo o foco na posta en valor e defensa do territorio e o papel imprescindibel da atracción da mocidade e das políticas de conciliación que permitan as familias mozas vir e manterse en Ponteceso como medidas para a fixación da poboación e para facer viable o futuro no rural.

Asuntos que están a ser desatendidos polo executivo municipal, indica Martín Bermúdez, responsábel local.

Ao fronte do Consello Local estarán Martín Bermúdez Rodríguez e María Vitureira Facal como responsábel e vicerresponsábel locais respectivamente.
Xurxo Souto López e Rosa Haz Chouciño participarán como vogais da Concello.
Tamén formará parte do Consello Local a concelleira Fátima R. Gonzálvez.