Nesta edición, a gran protagonista da participación de Galicia foi a gastronomía que se promoveu internacionalmente grazas á cea de gala dos Premios da OMT
A directora de Turismo de Galicia comunicou hoxe en rolda de prensa que o stand de Galicia en Fitur rexistrou un máximo histórico de afluencia ao recibir máis de 74.000 visitantes, incrementando a súa afluencia en preto dun 6% en relación á pasada edición.
Nava Castro destacou que no espazo galego, que contou cunha superficie de preto de 1.000 m2, estiveron representados todos os entes de promoción locais e provincias da Comunidade galega, así como, o Clúster de Turismo de Galicia.
A responsable de Turismo da Xunta de Galicia, destacou que a nosa comunidade celebrou un total de 33 presentacións das catro provincias galegas, dirixidas aos profesionais do sector e aos medios de comunicación. Como principais novidades, destacaron o Entroido galego, as festas declaradas de interese turístico nacional e internacional, os destinos Starlight e a Ruta da Lamprea, entre outros.
Así mesmo, o espazo galego albergou outros actos de gran índole como o de traspaso de funcións de coordinación a Galicia da España Verde, a entrega de mans da Secretaria de Estado de Turismo da declaración de Interese Turístico Internacional á Festa da Arribada de Baiona ou a entrega do Premio ao Mellor Produto de Turismo Activo na categoría de Enogastronomía ao programa Outono Gastronómico.
A responsable de Turismo da Xunta resaltou, tamén, a visita ao stand de Galicia de importantes autoridades como o Embaixador de Estados Unidos, a Ministra de Fomento, o Ministro de Industria ou o Ministro de Xustiza, entre outros.
Por outra parte, Nava Castro informou que o expositor contou cun total de 19 informadores turísticos que que atenderon os 13 mostradores relacionados coas cidades e provincias galegas, os produtos e servizos turísticos, o Camiño de Santiago e a pantalla de información turística virtual na cal máis de 2.000 persoas fixeron consultas sobre o turismo en Galicia. Segundo explicou, os profesionais do stand galego. Así mesmo, os profesionais do stand distribuíron máis de 200.000 folletos e outro material de promoción de todas as entidades oficiais e privadas que participaron no certame.
En canto á cobertura mediática, a directora de Turismo de Galicia sinalou que polo stand de Galicia en Fitur 2016 pasaron arredor de 200 medios de comunicación galegos, españois e internacionais, interesados pola oferta turística galega.
A gastronomía foi a gran protagonista
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, nesta edición, a gran protagonista da participación de Galicia en Fitur foi a gastronomía.
A responsable de Turismo da Xunta destacou a importancia para a promoción internacional da gastronomía galega da cea de gala dos Premios da Organización Mundial do Turismo (OMT) na que participaron axentes e representantes turísticos de todo o mundo. “Que esta prestixiosa cena tivese sabor galego e fose dirixida polo chef Pepe Solla, en colaboración cos alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) foi todo un privilexio para Galicia”.
Así mesmo, a gastronomía tivo especial protagonismo no espazo galego de Fitur a través de de 20 catas relacionadas cos queixos, viños, produtos ecolóxicos, aguardentes e licores tradicionais de Galicia nas que participaron máis de 600 persoas.
Intensa actividade de networking
A directora de Turismo de Galicia destacou que no espazo de traballo habilitado para o sector xestionáronse en torno a 300 novos contactos e máis de 250 encontros de traballo celebrándose un total de 12 mesas de traballo.
Esta intensa actividade de networking permitiu pechar encontros entre hoteleiros, responsables de TIC, marketing, comunicación e promoción orientadas ao sector turístico, así como iniciar encontros entre OPC’s, maioristas, motores de reservas, axencias de viaxes e empresas de receptivo que interesáronse polo destino Galicia, con especial fincapé no Camiño de Santiago e no turismo activo.
Segundo sinalou Nava Castro, no relativo á súa procedencia, aínda que en su maior parte procedían de España, tamén houbo contactos de carácter internacional, procedentes de países como China, Rusia, Reino Unido ou Italia.
“Con todo, este punto de networking para profesionais incrementou as súas reunións e encontros de traballo no seu segundo ano de funcionamento nun 25% en relación ao 2015”, afirmou.