Friday 22 de November de 2024

Axenda 20 e 21 de abril de 2024 do Concello de Narón


Sábado 20 de abril de 2024

Actividade: Obradoiro “Encadernación ecolóxica”
Hora: 11:00
Lugar: Centro cívico social do Couto

Este programa diríxese a menores de 6 a 12 anos e as súas familias. Nesta actividade en concreto, enmarcada no programa municipal Guizo, os participantes (previa inscrición) utilizarán materiais reciclados para elaborar as súas propias axendas e cadernos, aprendendo a encadernación por encolado.

Actividade: Charla “Stop avespa asiática”
Hora: 11:00
Lugar: Local da AVV Os Irmandiños (O Val)

O Concello e a delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura organizan esta charla informativa sobre o inicio do trampeo ás novas raíñas fundadoras, para evitar a proliferación da avespa asiática e coñecer a técnica do trampeo.

Actividade: “VI Festival de Coros Narón”
Hora: 17:30
Lugar: Auditorio municipal

O Concello colabora coa Sociedade Cultural Areosa neste festival, no que participarán catro agrupacións corais. A entrada é de balde.

Actividade: Teatro “O dragón de ouro”
Hora: 20:00
Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Sarabela Teatro representará esta peza de teatro contemporáneo, ambientada nun edificio cun restaurante de comida rápida no baixo. As entradas dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 21 de abril de 2024

Actividade: “Xornada de iniciación ao mergullo”
Hora: 10:00
Lugar: Complexo polideportivo municipal da Gándara

O Concello colabora coa Agrupación Deportiva Náutico Narón e o Club do Mar de Ferrol na organización da segunda edición desta xornada, que se inicia cunha parte teórica e continúa coa práctica na propia piscina municipal da Gándara. Participarán unha trintena de persoas, que cubriron todas as horas dispoñibles para esta xornada.

Actividade: “I Travesía de caiac de mar Concello de Narón”
Hora: 15:00 e 16:30 horas (saídas)
Lugar: Pantalán de Xuvia

O Concello, o Club de Piragüismo Narón e a Federación Galega de Piragüismo organizan esta convocatoria.