No 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e, por tal efeméride, a biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá un contacontos infantil ao abeiro do programa Ler Conta Moito.
Trémola Teatro traerá Leo e a música, no martes 23, ás 11.00 horas.
Trátase dunha actividade dirixida a crianzas de entre 6 meses e 4 anos para, nas palabras da concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, “ir achegándolle-lo mundo das letras dende idades temperás dunha maneira estimulante para este público.”
A entrada é libre ata completa-la cabida.