Terá lugar o domingo 5 de maio entre Muros e Esteiro (13,1 km)
O Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello de Lousame, convoca a segunda etapa das andainas polo Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. Unhas andainas abertas á participación de toda a veciñanza de Lousame e da comarca, que terá lugar ao longo de vindeiros meses.
Tras o éxito de participación na primeira etapa, na que oitenta persoas cubriron os 16 quilómetros que separan Porto do Son de Portobravo (Lousame), a segunda etapa propón un percorrido de 13,1 quilómetros entre as localidades de Muros e Esteiro. Ao igual que na primeira etapa, as persoas participantes concentraranse ás 9:00 horas dese domingo na praza do Concello, de onde sairán en autobús ata Muros.
O prezo por participar na actividade é de 5 euros, que se aboarán o mesmo día da andaina. As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un whatsapp ao 653 22 16 55.