O vindeiro sábado 20 de abril, a partir das 9:00 horas, terá lugar a final da Liga de Judo de Oleiros no Pavillón José Antonio García Nieto de Mera.
Comezará a xornada a Categoría Sub 13-Liga B. A entrega de medallas será ás 11:40 horas e continuará a sesión coa Categoría Sub 11-Liga A, cuxa entrega de premios se celebrará ás 12:45 horas.
Durante as xornadas de judo participarán máis de 400 nenos e nenas en idade escolar de 14 clubs procedentes de Oleiros, A Coruña, Santiago, Lugo, Avilés e Xixón.