Neste mes de marzo e nunhas obras (sempiternas e continuas edificacións e urbanismo masivo) producidas en Coruxo de arriba (Liáns) foron tallados varios castiñeiros e esnaquizado un hórreo mariñán. A Lei de Patrimonio Cultural de 2016 márcaos como elementos con valor etnográfico “sempre que conserven suficientemente a súa integridade formal e construtiva e os aspectos característicos que determinan a súa autenticidade”. Se o hórreo for anterior a 1901 sería considerado un BIC (Ben de Interese Cultural), a máxima figura de protección. Tamén poderán gozar de protección os hórreos posteriores a 1901 e a súa contorna se están catalogados nos planos municipais. Chove sobre mollado e pedimos ao Concello que aclare as circunstancias desta perda do arquitectura e patrimonio popular de Oleiros e free a sangría. Farémolo como BNG de Oleiros no pleno do mes de abril.
Ademais, o noso portavoz municipal fará varias preguntas sobre temas que afectan á cidadanía, entre elas:
Enésimo centro comercial en Oleiros
En Perillo vaise producir a construción dun novo centro comercial, o enésimo do Concello. Nunha zona como a do sol y Mar, chave para a mobilidade e cunha infraestrutura que tanto choio e penurias provoca. Este novo mamotreto elevará aínda máis a circulación e non está baseado en necesidades obxectivas da cidadanía. Coas gasolineiras pasa máis do mesmo con incremento do desvalor polo potencial contaminante e por acharse as dúas últimas en Iñás a escasos metros do Rego de san Pedro.
Perguntaremos ao Concello o que pode facer para frear a proliferación abafante destas superficies vía PXOM ou calquera outra vía con todas as garantías xurídicas.
Grao de cumprimento da primeira fase do PMUS na procura da ansiada mobilidade
Os veciños dun inmóbel da rúa Beiramar de Perillo rescataron o pasado 6 de abril a un ancián con mobilidade reducida tras teren detectado unha gran cantidade de fume negro que saía do seu domicilio. Aínda que tamén alertaron ao 112, conseguiron abrilo e sacalo do devandito inmóbel.
Perguntaremos no pleno se dende servizos sociais eran conscientes da situación desta persoa.