As axudas do PEL- Concellos permiten pór en marcha o programa municipal de integración laboral
O Concello de Neda acaba de incorporar temporalmente ao cadro de persoal aos cinco albaneis que integran a cuadrilla municipal de obras contratada a través do Programa de Emprego Local (PEL- Concellos 2024) que financia Deputación da Coruña. Durante os próximos meses, este profesionais, que se atopaban en situación de desemprego, realizarán tarefas de mellora nas vías, parques e outros espazos públicos da localidade.
O programa, desenvolvido con apoio provincial, fomenta a integración laboral, mediante a contratación de persoal para a prestación dos servizos municipais básicos e a execución de pequenas reparacións e labores de mantemento.
Neste caso, a contratación a tempo parcial (87,5% da xornada) durante un cinco destes cinco albaneis, permitirá desenvolver fundamentalmente obras en vías e en parques públicos da localidade.
Segundo o establecido nas bases da convocatoria, a cuadrilla levará a cabo melloras do pavimento “especialmente nas beiravías e beirarrúas, executando reposición e substitución de materiais deteriorados, e actuando igualmente na eliminación de barreiras arquitectónicas, ou na reparación de sumidoiros”. Ademais, prevese que actúen en distintos parques e espazos públicos co obxectivo, entre outras cousas, de garantir a axeitada accesibilidade.