Friday 22 de November de 2024

Festa do Libro na Rúa, este domingo en Santa Cristina


O Concello de Oleiros, a librería Mar de Letras e a Asociación Galega de Escritores organiza este domingo 21 de abril a Festa do Libro na Rúa. Será na praza Afundida, en Santa Cristina. No acto participarán autores e autoras e as librerías do Concello, que estarán vendendo libros e asinando de 11.00 a 19.30 h.

A Festa do Libro na Rúa comezará ás 11:00 h cunha lectura en vivo para as persoas que queiran participar. Ás 12.00 h haberá tempo para as crianzas cunha contada a cargo de Beíña. A mañá rematará cun coloquio entre as escritoras María Nieto e Abril Camino, que comezará ás 12.45 h e rematará ás 14.00 h. E xa pola tarde, retomarase de novo a lectura ás 16.00 horas, para dar paso a unha nova actividade familiar a cargo de Caxoto, ás 17.00 h, o espectáculo Un libro baixo a almofada, ás 18.00 horas está previsto un novo coloquio a cargo da Asociación Galega de Escritores. E xa para finalizar, ás 18.45 h comezará o espectáculo Soul e Literatura: un paseo pola música negra, de Iria Mejuto e Richi Rozas á guitarra.

As librerías Mar de Letras, Que me contas?, Paperazzi e Bolboreta estarán durante toda a xornada vendendo libros e participando nesta festa. Ademais os seguintes escritores e escritoras estarán asinando e explicando a súa obra: María Nieto, David Gago Sampedro, Miguel Castro Díaz, Óscar Vázquez Lima, Ismael Martínez Pérez, Andrea Micc, Antonio D’Tenerife, María del Mar Muñiz Rial, Bego Gayoso Louzao, Micaela Barbeito, Clara Ventura, Pedro Santiago, María González Blanco, Xosé Fernández Fernández, Miguel Ángel Pérez Omil, Abril Camino, Sabela Senn, Rubén Pedreira, Aúrea López Lamela, Miguel Ángel Biurrun González, A. Carolina, Jose Ángel Varela, Jonatan Jorge Guille, Santiago González Torrejón, Isabel Ramos Breijo, Ángel Barrios, Sara González Veiga, Rober Cagiao, María Lucinda Rey Escribano, Teresa Chamorro, Silvia Salgado, Francisca García Jañez, Rocío Mañana Bouzón, Juan Galán e Mav Alonso.