Friday 22 de November de 2024

O Concello da Pobra convoca un proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego de persoal de limpeza


Unha vez aprobadas as bases reguladoras que rexerán o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para o servizo de limpeza de oficinas e instalacións municipais, o Concello da Pobra do Caramiñal procede a convoca-las probas selectivas mediante concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal.

Os labores atribuídos serán os propios deste posto e as persoas aspirantes deberán reunir unha serie de requisitos.

Para tomar parte na selección, presentarase a solicitude conforme o anexo II das referidas bases a través do rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, no horario das 09.00 ás 14.00 horas, ou por medio da sede electrónica municipal. O período remata no 26 de abril, inclusive, tras ter sido anunciada a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). O dito trámite tamén se pode formalizar en calquera dos medios determinados na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas. Xunto coa solicitude de participación, débense achega-las fotocopias dos documentos xustificativos.

Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios do Concello e na mencionada sede electrónica.