Saturday 16 de November de 2024

Sesión ordinaria do Pleno da corporación do 15 de abril de 2024


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 15 de abril , a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación correspondente ao mes de marzo, a cal contou coa ausencia do concelleiro Manuel María Durán Guillán (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:

1. Proposta de Alcaldía delegación de prezos públicos na Xunta de Goberno Local. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP).

2. Aprobación definitiva do orzamento municipal para o exercicio 2024 e resolucións das reclamacións presentadas contra a aprobación inicial. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).

3. Corrección erro acordo plenario do 7 de febreiro 2024 (cesión fondos Museo Valle-Inclán). Aprobado por unanimidade.

4. Proposta de Alcaldía alegacións industria de fibra textil (Altri). Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 en contra (PP).

5. Proposición Alcaldía elección Xuíz/a de Paz titular e substituto/a. Aprobada por unanimidade a inclusión na orde do día por non ir previamente ás comisións informativas. Aprobada por unanimidade.

6. Moción do grupo municipal do PP relativa ós galiñeiros de autoconsumo. Aprobada con 5 votos a favor (PP), 3 abstencións (BNG e VIxP) e 4 en contra (Nós Pobra e PSdeG-PSOE).

7. Moción do grupo municipal do PP relativa ó apoio ós agricultores e gandeiros españois. Aprobada a inclusión da emenda do BNG con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 5 abstencións (PP). Aprobada a moción emendada con 7 votos a favor (PP e BNG), 1 abstención (VIxP) e 4 en contra (Nós Pobra e PSdeG-PSOE).

8. Moción do grupo municipal do PP relativa ós problemas da rúa Rafael Calleja. Denegada ao contar con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP).

Finalmente, procedeuse coa segunda parte do Pleno relativa ao control dos órganos de goberno.

Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.