Saturday 16 de November de 2024

A Xunta impulsa máis de 11 proxectos de embelecemento turístico en 8 concellos do litoral da Comarca do Bergantiños-Costa da Morte por 640.000€


— Vense de resolver a segunda convocatoria de axudas en concorrencia non competitiva para a rehabilitación sustentable e accesibilidade na costa galega

— Entre as iniciativas beneficiarias inclúense melloras paisaxísticas de paseos marítimos, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización e APPs

— As axudas están incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral deseñado polo Goberno galego con fondos europeos Next Generation

 

A Xunta de Galicia vén de resolver a segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de embelecemento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de máis de 2,7M€. Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte foron beneficiarios un total de 11 proxectos en 8 concellos do litoral desta área que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros entre puntos turísticos ou sinalización, entre outras. Este proxectos recibirán unhas axudas por importe de máis de 640.000 euros

Como se indica na resolución, que será publicada próximamente no Diario Oficial de Galicia e da que xa foron notificados os beneficiarios, inclúense 25 concellos da provincia de A Coruña, onde se levarán a cabo preto de 40 proxectos de embelecemento.

Esta liña de axudas é unha das actuacións incluidas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation. Os destinatarios eran os concellos situados no litoral galego. Concedéronse en réxime de concorrencia non competitiva e, entre outras, subvencionáronse accións que afondasen na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, tamén accións de transición dixital e accesible e inclusiva.

O Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral que ten un plan de execución ata este ano 2024. Cun investimento global de 29,3M€ enmárcase no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para aproveitar o financiamento europeo no camino á transformación dixital e o incremento da competitividade dos destinos. Inclúe a posta en marcha de medidas transversais destinadas ao litoral galego como dúas convocatorias anteriores para concellos e establecementos para rehabilitación de recursos emblemáticos do litoral galego, xa resoltas, así como a construción da senda do litoral de Galicia. Por outra banda, no marco deste Plan Territorial do Litoral as entidades locais están executando distintos Plans de Sostibilidade Turística en Destino.

CONCELLO OBXECTO AXUDA AXUDA CONCEDIDA
 CABANA DE BERGANTIÑOS ACTUACIÓN DE EMBELECEMENTO DO LITORAL NO ACCESO AOS PICOTIÑOS 73.778,08 €
 CAMARIÑAS INSTALACIÓN DE ASEOS ACCESIBLES EN ESPAZOS PÚBLICOS EXTERIORES DO  CAMARIÑAS 40.434,82 €
 CEE INSTALACIÓN DUN ATRIL INTERACTIVO E A CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS PARA GUÍA INTERACTIVA TURÍSTICA 14.810,40 €
 CEE MELLORA E REHABILITACIÓN DO PASEO MARÍTIMO 43.497,45 €
 CORCUBIÓN REHABILITACIÓN SUSTENTABLE DA CAPELA DO PILAR PARA SALA DE EXPOSICIÓNS 63.294,23 €
 CORCUBIÓN MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO CAMPO DE SAN ANTONIO 50.000,00 €
 DUMBRÍA MELLORA DAS MARXES NO ACCESO Ó MIRADOIRO DO ÉZARO 80.000,00 €
 DUMBRÍA MAPA E CONTIDO DIXITAL PARA EXPERIENCIA TURÍSTICA 3D E 360º NO  DUMBRÍA 15.000,00 €
 DUMBRÍA RENOVACIÓN DE PASARELA NO ENTORNO DA PRAIA DO ÉZARO 50.000,00 €
 FISTERRA EMBELECEMENTO NO LITORAL DE LANGOSTEIRA 50.000,00 €
 LARACHA FASE II: ACTUACIÓNS DE ACONDICIONAMENTO DE ELEMENTOS DE PROTECCIÓN DA SENDA DO SALDOIRO DE CAIÓN 80.000,00 €
 MUXÍA ACTUACIÓN DE EMBELECEMENTO DO LITORAL. MELLORA DOS ACCESOS NA SENDA DO RIO NEGRO EN MUXÍA 80.000,00 €
11 AXUDAS 640.814,98 €