O alumnado da FP galega obtén tres medallas de ouro nas categorías de Desenvolvemento web, Panadaría e Recepción hoteleira; cinco de prata en CNC Fresado, Escaparatismo, Floraría, Servizo de restaurante e bar e Sistemas robóticos integrados, e unha medalla de bronce en Tecnoloxía do automóbil
Os centros galardoados nesta edición son o IES San Clemente, o CIFP Paseo das Pontes, CIFP Manuel Antonio, IES Politécnico de Vigo, IES Ramón Menéndez Pidal, CIFP A granxa, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Politécnico de Lugo e IES As Mariñas
Galicia queda en terceira posición en número de medallas, só por detrás de Andalucía e Valencia
A FP galega demostrou toda a súa calidade nas Spainskills 2024, o campionato nacional no que o equipo de Galicia se alzou con nove medallas. A aposta da Xunta por fortalecer estas ensinanzas xa ten dado os seus froitos en numerosas ocasións, tanto nestas olimpíadas estatais como nas europeas e mundiais.
A delegación galega obtivo tres medallas de ouro, cinco de prata e unha de bronce. Queda, así, na terceira posición no medalleiro, só por detrás de Andalucía e Valencia.
Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acompañaron ao alumnado e profesorado participante na competición durante estes días e transmitiron hoxe o orgullo que supón para o sistema educativo galego o resultado acadado nesta cita.
A relación de galardóns acadados por Galicia é a que se reflicte na seguinte táboa:
Medalla | Especialidade ou skill | Equipo galardoado |
Ouro | Desenvolvemento web | Centro: IES San Clemente (Santiago)
Alumno: Ezequiel Soto Seoane Titora: Cristina París Brandariz |
Ouro | Panadaría | Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)
Alumna: Maria Bazar Verdes Titora: Avelina Amado Fernandez |
Ouro | Recepción hoteleira | Centro: CIFP Manuel Antonio (Vigo)
Alumna: Laura Pereira Ramilo Titor: Roi Álvarez González |
Prata | CNC Fresado | Centro: IES Politécnico de Vigo (Vigo)
Alumno: Pedro Rodríguez Rodríguez Titor: Javier Fondevila Blanco |
Prata | Escaparatismo | Centro: IES Ramón Menéndez Pidal (A Coruña)
Alumno: Antía Fernández Loureiro Titor: María Soledad Seoane Sobrino |
Prata | Floraría | Centro: CIFP A Granxa (Ponteareas)
Alumna: Carmen Regueira Fernández Titora: M Jesús Pena Fariña |
Prata | Servizo de restaurante e bar | Centro: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)
Alumna: Melisa Touriñán Canosa Titor: Gabriel Vilar Longarela |
Prata | Sistemas robóticos integrados | Centro: CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)
Alumnos: Andrés Díaz López y Carlos Fernández Rodríguez Titor: Carlos Victorio Álvarez Pérez |
Bronce | Tecnoloxía do automóbil | Centro: IES As Mariñas (Betanzos)
Alumno: Hugo López Lameiro Titor: Miguel Vilela González |
Participación en 34 ‘skills’
Arredor de 100 persoas, entre alumnos e docentes, conformaron o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveron no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, desde o 9 de abril.
Competiron un total de 38 alumnos de 23 centro nun total de 34 modalidades de skills, das cales 29 foron competicións oficiais e cinco en formato demostración.