O Concello de Lousame organiza un acto de homenaxe e recoñecemento ao atleta local Fernando Pérez Fernández, que vén de proclamarse campión de Galicia de Bikejoring´15, título que suma ao Campionato de España de Canicross 2015. Un acto aberto a toda a veciñanza de Lousame e que terá lugar o próximo sábado 30 de xaneiro, ás 12:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura “Santeiros de Chave”.
Fernando Pérez Fernández “Dete” xa fora galardoado como mellor deportista do municipio do ano 2014, xunto co atleta Marcos Mallo Figueira “Tosky”, durante a I Gala do Deporte do Concello de Lousame, celebrada en abril de 2015.