Friday 22 de November de 2024

O Concello de Bergondo anuncia o 4 de maio como a nova data para a celebración do II Día do Deporte


O Concello de Bergondo anuncia o 4 de maio como a nova data para a celebración do II Día do Deporte.

A cita, que fora adiada debido ás condicións meteorolóxicas, terá lugar no Albergue de Gandarío, en horario de 12:00 a 14:00 e de 15:30 a 18:00 horas.

Nela haberá exhibicións de diversas prácticas deportivas e repartirase de balde a todos os participantes callos, pizza e froita.

As persoas que desexen acudir deberán anotarse novamente do 11 ao 26 de abril ata as 14.00 horas, cubrindo o pertinente formulario habilitado na web municipal