A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, destaca a utilidade do informe anual que realiza ALAS Coruña co apoio do Concello
A concelleira responsable da Área de Benestar Social, Yoya Neira, que inclúe as competencias municipais sobre Igualdade, presentou os datos do VI informe do Observatorio Coruñés contra ao LGTBIfobia que elabora a entidade ALAS Coruña e que recolle datos correspondentes ao pasado ano 2023.
Neira destacou que o informe ofrece unha “análise sobre a realidade das persoas LGTBI na nosa cidade e a súa contorna que nos empraza a reflexionar sobre as nosas actitudes ante elas e axúdanos a deseñar as nosas liñas de actuación dentro das nosas competencias”. O informe recolle un total de 352 atencións vinculadas a 227 casos, fronte ás 330 atencións rexistradas en 2023. Entre os datos do informe destaca que, por primeira vez desde 2018, data na que se empezou a elaborar este traballo, os asesoramentos máis demandados son os de tipo sanitario.
Neira subliñou que o aumento das intervencións, débese a “unha maior concienciación sobre a necesidade de denunciar as actitudes homófobas”. “Desde o Goberno de Inés Rey imos seguir traballando, tanto cos nosos propios recursos como o Espazo Diverso, como da man de ALAS e o resto das entidades que loitan polo dereitos LGTBI, no labor de sensibilización e prevención que nos corresponde como administración máis próxima ao cidadán”, sinalou.
Pola súa banda, a presidenta de ALAS, Ana García Fernández, destacou que o aumento de atencións de tipo sanitario débese ao “esforzo que se está facendo en información sobre saúde sexual e prácticas de risco que se está facendo desde ALAS e outras entidades que loitan polos dereitos das persoas LGTBI da cidade”. A presidenta de ALAS valorou tamén oapoio que recibe desde o Concello para a elaboración do informe e emprazou á Xunta de Galicia a reforzar as súas iniciativas de apoio ao colectivo LGTBI.
Principais datos do informe:
● Os datos recollidos durante o ano 2023 abranguen un total de 352 atencións vencelladas ao 227 casos .
o 22 nacionalidades diferentes.
o Máis de 18 novos casos ao mes Máis da metade das 352 atencións deste servizo tiveron como destinatarias persoas residentes na cidade da Coruña.
● Ao longo destes doce meses o observatorio rexistrou 48 incidentes de odio, dos cales 43 poden ser considerados como agresións cara a comunidade LGTBI+ galega ◦ Atendendo á tipoloxía dos mesmos, a violencia máis frecuente á que se enfronta a comunidade LGTBI+ de Galicia son os insultos que representan o 47,91% dos incidentes.
o Dos 48 incidentes rexistrados, un 31,25% tiveron como escenario a cidade da Coruña.