O concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentou xunto a María Villar, presidenta do Club de Natación de Rieira e Juan Carlos Brión, da Federación Galega de Natación, o Torneo Norte-Sur que se celebrará na piscina de Fieiteira o vindeiro sábado 13.
Segundo explicou Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN, no torneo compiten os mellores nadadores e nadadoras do norte e os e as mellores do sur de Galicia. “Despois dos campeonatos galegos, esta é a segunda proba máis importante a nivel autonómico” afirmou.
A proba, que será retransmitida por streaming a través da páxina da FEGAN, comezará ás 10 da mañá e pola tarde continuará a partir das 5.