O Concello de Fene, a través da Concejalia de Benestar Social, mantén colaboración ca Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia ACADAR, para a realización de actividades de interés social con mulleres con discapacidade do Concello de Fene.
ACADAR, é unha entidade sen ánimo de lucro que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara á súa plena integración e participación en tódolos ámbitos da sociedade.
Dentro do Programa ACTIVA-DAS, vaise desenvolver en Fene un taller denominado “CLAVES PARA O APODERAMENTO DAS MULLERES CON DISCAPACIDADE”.
No taller vanse a traballar as seguintes temáticas:
Comunicación
Habilidades sociais
Autocoñecemento
Autoconcepto
As datas nas que se vai a realizar este taller son os xoves 18 e 25 de abril, e xoves 2 e 9 de maio de 2024.
O horario do taller será: de 10:00 a 13:00 horas
O lugar no que se vai a desenvolver esta actividade é a sala de Servizos Sociais do Concello de Fene, sita na Avda. Do Mar, Bloque 1, baixo, 15500 Fene
As inscricións poden facerse ata a data de inicio nos seguintes teléfonos:
Servizos Sociais de Fene, Tlfn. 981 342 607
ACADAR, Tlfn. 607 221 600