Friday 22 de November de 2024

Accidente con tres vehículos involucrados e dúas persoas excarceradas en Esmerode, no concello de Santa Comba


Os bombeiros do Parque Comarcal de Santa Comba foron alertados ás 12:20 deste mediodía dun accidente de tráfico na AC-400, á altura do punto quilométrico 57 ao seu paso por Esmerode, no concello de Santa Comba .

Na chegada ao lugar do sinistro, os bombeiros atoparon que a colisión implicaba a tres vehículos; unha furgoneta cuxo condutor estaba ileso; un segundo vehículo cunha ocupante no seu interior con colar cervical ; e un terceiro cun afectado no asento do copiloto cun traumatismo na cabeza e que tamén tiña un colar cervical. estradas procedeu

Os bombeiros procederon á estabilización deste último vehículo e á liberación das dúas persoas atrapadas. Logo da retirada dos automóbiles da vía, persoal de mantemento de á recollida dos restos que estaban sobre o asfalto e a desengraxar o mesmo. Finalmente os bombeiros realizaron un baldeo para lavar a estrada.

No operativo tamén participou a Policía Local de Santa Comba, a Garda Civil de Tráfico de Corcubión, o 061 e SMPC de Santa Comba.