Friday 22 de November de 2024

Máis dun milleiro de persoas celebran en Cerdido a XXX Feira do Cabalo da Barqueira


 O concurso de andadura galega tradicional foi o eixo central da xornada e contou con 75 persoas participantes

Cerdido celebrou na tarde de onte a Feira do Cabalo da Barqueira, unha das citas máis populares no municipio. Máis dun milleiro de persoas asistiron ao evento, que tivo como eixo principal a exhibición de andadura galega tradicional.
Un total de 75 participantes participaron no concurso, no que se desputaron catro modalidades: Serrada -1.5, Chapeada – 1.5, Serrada + 1.5 e Chapeada +1.5. Os locais patrocinadores, Casa Ignacio, Casa Viuda, Rincón de Tania, Bar Elvis e Mesón Froallo; foron os encargados dos premios nestas categorías.
O trofeo Casa Ignacio, referente á categoría Serrada -1.5, outorgou o 1º posto a Velo Gama, o 2º posto a Darío Casas, e o 3º a Rubén Maladares. A modalidade Chapeada -1.5, correspondente ao Trofeo Casa Viuda, recoñeceu co 1º premo a Azucena López, en 2º lugar a David Romero e en 3º lugar a Yoni Lafuente. O Trofeo Rincón de Tania, da modalidade Serrada +1.5, recaeu sobre Jorge Peredra, Adrián Casas e Ceferino Lama, respectivamente. No tocante a Chapeada +1.5, os gañadores do Trofeo Bar Elvis, foron Víctor García, Domingo Francisco e Juan Ríos.
O Trofeo Mesón Froallo recoñeceu ao mellor semental e ao mellor poldro menor de 2 anos, recaendo ambos logros en Lika Basile.
Por outra banda, o Concello de Cerdido destacou, a través dun recoñecemento especial, á amazona máis nova, Noa, e ao xinete de maior idade, Tino Casal.
A gastronomía foi outro dos grandes animadores da xornada dominical. Non faltou o churrasco para as persoas asistentes e, ademais, a feira contou con diversos postos de artesanía.
O alcalde, Alberto Rey, salientou “a importancia de continuar celebrando un evento tan importante para Cerdido como a Feira do Cabalo da Barqueira, que forma parte da tradición e a riqueza cultural da vila e achega unha concorrida afluencia de persoas de toda a comarca e os arredores”.