A necesidade de desenvolver o pensamento crítico para acadar a plenitude dos valores e das capacidades da ensinanza. Esta é a premisa na que se centra o ensaio Da caverna a acrópole. Un camiño cara a educación crítica, de Ciro Briones, que se presentará no venres 12, ás 20.30 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.
O acto chega arroupado pola Concellaría da Cultura, a Asociación Cultural Barbantia, a Universidade de Vigo e Ler Librerías.
Ademais do propio autor, intervirán a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; o integrante da A. C. Barbantia, Xesús Laíño; a representante do Departamento da Lingua Española da UVigo, Ana Fernández; e o director do Servizo Publicacións da UVigo, Jorge Luís Bueno.
O acceso é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.