● Hoxe, a través dunha andaina aberta ao público, deuse a coñecer este itinerario
O Concello de Miño deu a coñecer hoxe, domingo 7 de abril, un dos seus recursos turísticos naturais máis importantes, a Senda dás Marismas do río Baxoi. Este camiño pertence á rede de sendas recentemente presentada polo Concello (Moito que camiñar) e combina tramos de terra con pasarelas de madeira que se integran perfectamente na paisaxe de ribeira.
A actividade foi aberta ao público e participou un bo número de veciños e veciñas do municipio. A saída foi desde o parque da Rúa e durou ao redor de dúas horas.
O goberno local de Miño reforza a súa aposta pola mobilidade sostible dentro do municipio co desenvolvemento dunha rede de sendas que, ademais de ser un gran atractivo turístico e ambiental, permiten aos veciños e veciñas moverse a pé entre os diferentes núcleos do termo municipal.