Os bombeiros do Parque Comarcal de Carballo foron alertados ás 11:50 horas da mañá de hoxe, sábado 6 de abril, dun accidente de tráfico acontecido na estrada AC-552, á altura do punto quilométrico 38 ao seu paso pola parroquia de Traba, no concello de Coristanco.
O vehículo atopábase fóra da vía e o condutor foi quen de saír polo seu propio pé. O ocupante do vehículo precisou asistencia do persoal sanitario do 061 e foi trasladado posteriormente ao CHUAC.
No operativo participaron a Garda Civil de Tráfico A Coruña, o 061 de Carballo, GES Ponteceso e o SMPC Coristanco.