Saturday 16 de November de 2024

Galicia asume en Fitur as funcións de coordinación da marca España Verde


A 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, acolleu hoxe o acto de traspaso de funcións de coordinación da España Verde á Comunidade galega

A 36 edición da Feira Internacional de Turismo de Madrid, Fitur, acolleu o acto de traspaso de funcións de coordinación da España Verde a alianza turística que aglutina ás rexións cantábricas co obxectivo de promocionar a súa imaxe no exterior.

Neste ano, Galicia será a encargada de coordinar as actividades de promoción das catro comunidades que integran o convenio: Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia destacou que este órgano converteuse nunha peza fundamental para a promoción do norte peninsular.

Segundo sinalou Nava Castro, as cifras ano tras ano veñen confirmando a validez deste instrumento de colaboración impulsado polas catro comunidades autónomas do Norte de España.

Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta destacou a importancia do intercambio de experiencias de investigación, promoción e dinamización turística e cultural dos territorios socios deste proxecto para a consolidación da España Verde como un destino competitivo e de calidade.

“Desde Galicia continuaremos apostando por este convenio interrexional e contribuíndo a reforzar as accións de promoción turística internacional que posibiliten o posicionamento deste destino que conformamos Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco para seguir, así, atraendo turistas aos nosos territorios”, afirmou a directora de Turismo de Galicia.

Segunda xornada
Por outra parte, nesta segunda xornada de Fitur o espazo galego acolleu un total de dezaseis presentacións que puxeron en releve os principais recursos e destinos turísticos de Galicia, así como as novidades da súa oferta turística para este ano 2016.

Así, os visitantes do stand deste certame turístico puideron afondar nos destinos de Ferrol, Lugo, a Mariña Lucense, as Ría Baixas, Vigo, Ourense, Ribeira Sacra, O Salnés e Arousa Norte, ou descubrir os novos trens turísticos de Galicia, os mini cruceiros costeiros da comunidade galega, o Rally La Baule-Galicia, as novidades da 29 edición do campionato Pantin Classic Pro ou o novo spot promocional das Villas Mariñeiras.