Friday 22 de November de 2024

Camariñas adhírese á central da FEMP para contratar o subministro de electricidade


· Esta proposta foi aprobada no último pleno ordinario e o obxectivo é lograr unhas mellores condicións.

O Concello de Camariñas aprobou no pleno ordinario do mes de marzo adherirse á central de contratación da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para contratar, a través desa plataforma, o subministro de electricidade en alta e baixa tensión.

O funcionamento deste acordo marco impulsado pola FEMP para os seus asociados, entre os que se atopa o Concello de Camariñas, permite que o organismo nacional sexa quen execute o proceso de licitación e as entidades locais poidan contratarllo directamente a ese adxudicatario.

Esta adhesión permitirá ao Concello lograr unhas mellores condicións, tanto económicas como de redución de prazos e de burocracia, ás que tería se a licitación fose propia.