Sunday 24 de November de 2024

Un camión envorca na parroquia de Montemaior, en Laracha


Os bombeiros do Parque Comarcal de Carballo foron alertados ao redor das 17:00 horas de onte, xoves 4 de marzo, dun accidente de tráfico no lugar de Carballa Redonda, pertencente á parroquia de Montemaior, no concello da Laracha.
Na chegada ao lugar, os bombeiros desprazados atoparon un camión que transportaba madeira envorcado de xeito lateral. A incidencia ocasionou a perda de combustible do vehículo provocando que o gasóleo alcanzase un regato próximo, sendo informado Augas de Galicia desta situación.
O condutor contou coa colaboración dun operario que traballaba no cargado do camión para saír do vehículo, e foi trasladado por este ao centro médico da Silva, tal e como informou a Policía Local da Laracha.
No operativo participaron tamén unha patrulla da Policía Local de A Laracha, outra da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de A Laracha.