Friday 22 de November de 2024

O BNG denuncia o insulto dun cargo do PSOE de Culleredo no medio do pleno


O berro de “gilipollas” emitido polo Secretario de Organización do PSOE de Culleredo ía dirixido ao voceiro do BNG

O pleno do Concello de Culleredo sufríu unha interrupción nun dos primeiros puntos da orde do día cando o Secretario de Organización do PSOE de Culleredo, desde o público, proferiu un “gilipollas” a viva voz, dirixido a Tono Chouciño, voceiro do BNG de Culleredo. O insulto foi escoitado por todas as persoas presentes na sala e así o fixeron constar os concelleiros dos demais grupos.

A concelleira do BNG, Bea Pérez, tomou a palabra para esixir que o alcalde puxera orde. Mais Riobóo desculpouse dicindo que el non oira nada, polo que non expulsou esa persoa nin tivo interese en poñer orde na sala. O acusado acabou aceptando que o dixera pero non houbo desculpa formal.

Isto só foi unha mostra de como transcorreu o pleno municipal, cun alto grao de crispación en xeral, no que quedou patente a inacción do goberno de Riobóo en contraste coa actividade da oposición, que se presenta como a única vía de posible avance para Culleredo.