O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e os concelleiros Xabier Vidal e Tania Redondo visitaron hoxe a obra de saneamento e pavimentado en Sirves, nas que o Concello está a investir máis de 70.000 euros.
No lugar de Sirves existían tres camiños con un firme moi deteriorado, polo que se procedeu á súa pavimentación para que se poida circular polos mesmos en condicións seguras. Ademais, en dous camiños, non existía rede de saneamento, polo que se instalou unha liña de 390 metros para proporcionar este servizo á veciñanza do lugar.
“Dende o equipo de goberno seguiremos traballando para proporcionar estes servizos básicos en tódalas parroquias e lugares que o precisen” afirmou o alcalde Luís Pérez. “A pavimentación e o saneamento son elementos fundamentais para o desenvolvemento sostible e a mellora da calidade de vida nas parroquias”.