Friday 22 de November de 2024

Recepción ao Garaysa Xiria, campión galego alevín de balonmán 2023


O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, vén de ofrecer unha recepción ao Garaysa Xiria en recoñecemento polo título de campión galego alevín da temporada 2023. Os xogadores estiveron acompañados polo seu adestrador, Jorge Bouzas, e por varios membros da xunta directiva de Balonmán Xiria. Tamén participou no acto o concelleiro de Deporte, Daniel Pérez, que animou aos novos deportistas, entre os cales se atopa o seu fillo maior, a “seguir traendo títulos para Xiria e para Carballo”.
O alcalde, que cualificou á entidade coma “un exemplo de capacidade organizativa”, felicitou aos rapaces, porque “celebrar títulos sempre é extraordinario, polo bo que é e polo difícil que é”. Evencio Ferrero e estendeu esa felicitación a todo o club e ás familias.
O acto rematou coa sinatura de adestrador e xogadores no Libro de Honra do Concello de Carballo.