Friday 22 de November de 2024

O Concello abre o prazo de inscrición das xornadas de orientación artística e profesional, con visitas a centros públicos e charlas informativas


A actividade está orientada a estudantes que cursen estudos en ESO, Bacharelato ou FP, procedentes de calquera centro escolar ou concello

A inscrición está aberta en liña ate o vindeiro luns 8 de abril

O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para participar nas Xornadas de Orientación Artística e Profesional – XOAP 2024, orientadas ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP que estea interesado en realizar estudos artísticos ou de Formación Profesional. As xornadas, organizadas polo Concello en colaboración coa EASD Pablo Picasso e os centros públicos de Formación Profesional da Coruña, avanzan no obxectivo do Goberno de Inés Rey de poñer en valor dos centros educativos da cidade, dándoos a coñecer.

Os días 15, 16, 17 e 22 de abril realizaranse visitas aos centros públicos de FP da cidade e á EASD Pablo Picasso nas que o alumnado poderá coñecer as instalacións e oferta académica dispoñible en cada centro. Ademais, o 15 de abril terá lugar unha xornada específica de presentación dos Estudos Superiores de Deseño na EASD Pablo Picasso e o 22 de abril dos ciclos de FP Básica, no Fórum Metropolitano.
O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro luns 8 de abril, ás 14.00 horas, no formulario web dispoñible en i.gal/XOAP2024. Poderán inscribirse alumnos/as que cursen estudos en ESO, Bacharelato ou FP, procedentes de calquera centro escolar ou concello, dando ferramentas de orientación a mozos e mozas de toda Galicia para que desenvolvan a súa actividade lectiva e profesional na Coruña. Tamén poderán inscribirse persoas non matriculadas e adultos. Unha vez feita a solicitude, a aplicación elabora un pdf que debe ser asinado polo solicitante, no que se incorpora a credencial de acceso ás XOAP