Escrutinio realizado no Centro Cultural Lustres Rivas de Riveira, o xoves 21/01/2016 ás 12:30 h, coa presenza de Isabel Lapido, Xerente da Asociación de Empresarios de Riveira, Unai González e Segundo Durán, programadores culturais, baixo a presidencia de Fabiola García Martínez, Concelleira de Cultura de Riveira.
Houbo 210 papeletas escrutadas, das cales 2 consideráronse nulas ao non ter os tres selos que se especificaba nas bases para ser admitidas na votación; 4 en branco; 1 voto para Cukos; 10 votos para Suministros Navales Santa Uxía e 193 votos para El Rincón del Chocolate, que foi o gañador do concurso nesta primeira edición organizada conxuntamente pola Asociación de Empresarios e o Concello de Riveira.
A rifa gañadora do VALE DE 100 € a empregar nos locais comerciais participantes neste concurso de escaparatismo, que foi extraído por unha man inocente, unha estudante da Biblioteca, “María José Lorenzo Tarrío”, correspondeu á papeleta nº 0069 que responde ao nome de Elena Santamaría, gañadora deste vale. Tamén se extraeu unha segunda papeleta de reserva correspondendo o nº 0210 e Marta Corujo, e unha terceira reserva co nº 0245 correspondente a José Manuel Graña –avisarase á primeira reserva si non aparece a premiada nos vindeiros 15 días a contar dende mañá 22/01/2016, esto é a partir do 06/02/2016; e á terceira se non aparece a segunda noutros 15 días, esto é o 21/02/2016).
Os locais participantes neste concurso foron 21.
CONCURSO DE DECORACIÓN DE LOCAIS HOSTALEIROS DO NADAL
Revisando o escrutinio das papeletas entregadas, e vendo que ningunha contaba con tres selos de locais hostaleiros e en ningunha se votaba a un local participante neste concurso, a organización considerou declarar deserto este certame e polo tanto non entregar o agasallo institucional a ningún local nen extraer a papeleta gañadora para o vale de 100 € a empregar nos establecementos participantes neste concurso.
Os locais que participaban neste concurso eran 4.