Monday 02 de December de 2024

Lete Lasa destaca o deporte como o principal motor da saúde e a felicidade dos nenos ma presentación do Trneo Internacional de Fútbol Base Congalsa


_Destaca o carácter benéfico do torneo que, grazas ao traballo de Julio Mariño, doará o importe recadado á Fundación Aladina que dende 2005 traballa co obxectivo de axudar aos nenos e adolescentes con cancro e as súas familias

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación do Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base Concello de Ribeira. Alí, o mandatario galego, destacou a importancia do deporte como “principal motor da saúde e a felicidade dos nenos e das nenas”.

Neste sentido destacou a importancia do Programa Xogade que a tempada pasada acadou o récord de nenos e nenas mutualizados, con preto de 135.000 e de campañas como o Bono Deporte que repartiu 115.000 axudas para os gastos deportivos dos rapaces e rapazas federados ou no devandito Programa Xogade. Lete Lasa destacou a importancia de que este torneo sexa de competición mixta (moitos dos equipos contan con xogadoras), xa que mentres nas licenzas federativas galegas hai un 26% de mulleres, o Programa Xogade conta co 38% e se nos centramos só na actividade escolar a participación feminina sobe ata o 46,5%.

En total serán 45 equipos os que xogarán o 25 e o 26 de maio no campo da Fieteira e entre os que estarán clubs de grande importancia como Betis, Zaragoza, Villarreal, outros internacionais como Porto, Sporting de Lisboa, Benfica, Racing Club de France, e un invitado mi especial que será o rival a bater, o Real Madrid.

Lete Lasa destacou o carácter benéfico do torneo que, grazas ao traballo de Julio Mariño, doará o importe recadado á Fundación Aladina que dende 2005 traballa co obxectivo de axudar aos nenos e adolescentes con cancro e as súas familias. Nas cinco edicións anteriores, a Fundación Aladina xa recibiu grazas a este torneo un total de 28.000 euros.