O próximo sábado 6 de abril, ás 17:30 horas, celébrase o acto de inauguración dun novo parque público de 20.000 metros cadrados en Dorneda. Atópase entre a rúa do Mar e a rúa da Poza, lindeiro co Porto de Santa de Cruz.
Os terreos do parque atópanse nun solo propiedade de Sandra Ortega Mera no que podería ter construído ata 88 vivendas. Renunciou a facelo para construír un parque público que foi entregado gratuitamente ao Concello.
Este novo espazo público realza a calidade ambiental da zona e contribúe á política medioambiental do Concello. Na creación deste novo espazo natural participaron activamente colectivos ecoloxistas. As árbores foron plantadas por nenos e nenas dos colexios de Oleiros.