Friday 22 de November de 2024

O Concello abre o luns as inscricións para participar na andaina saudable prevista para o domingo 21 de abril


A ruta, totalmente gratuíta, discorrerá por terras de Neda e de Narón

O Concello de Neda abre o próximo luns o prazo para inscribirse na súa segunda Andaina saudable deste 2024, prevista para a domingo 21 de abril. O itinerario desta ruta circular, totalmente gratuíta, terá saída e meta no centro cívico da vila, e discorrerá por terras nedenses e naronesas. As prazas son limitadas.

O percorrido discorrerá pola pasarela peonil, que vai parella á ponte do ferrocarril ata chegar ao mosteiro do Couto. Dende alí, seguirá o Camiño Inglés e, polo tanto, pasará polo muiño das Aceas e polo paseo de Xuvia, polo lado de Narón, antes de volver a Neda. De volta ao noso municipio, os camiñantes seguirán polo paseo marítimo ata chegar ao núcleo urbano.

A ruta, cunha lonxitude de 9,5 km e un desnivel de 74 metros, está aberta a persoas mozos/as de 14 anos en diante e adultos. É de dificultade baixa. Dende o 1 de abril será posible inscribirse, chamando ao teléfono da biblioteca (981 39 02 33), en horario de 9 a 13 ou de 16 a 20 horas, de luns a xoves; e os venres, de 9 a 14.30 horas. As prazas son limitadas.

O ciclo de andainas saudables é unha das iniciativas municipais para favorecer a vida activa e contará, una vez máis, coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, a Asociación de Veciños San Pelaio do Roxal e a SCD Roxal. A última ruta, realizada hai tan só unhas semanas, esgotou en cuestión de días o centenar de prazas dispoñibles.