Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz, Presidente dos Mariscadores e Jose Antonio Santamaría, Patrón maior, que terá lugar o vindeiro 28 de xullo.
Vicente Mariño destacou o compromiso do Concello de Ribeira para darlle un impulso a este evento gastronómico no eido cultural e promovendo o seu impacto social, “para convertir esta festa nun evento de interese turístico a nivel nacional”.
Pola súa parte, o patrón maior José Antonio Santamaría, destacou que este ano se cumpre o 25 aniversario desta festa, “que comezou grazas a un grupo de xente que se interesou en destacar a calidade do producto da Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño, que cumpre tamén 100 anos”. Santamaría explicou que nesta edición se repartirán pratos duns 350 gramos aproximadamente, e se estima que se sirva 1 tonelada de producto.
O presidente Manuel Angel Reiriz, explicou que a escolla da data se corresponde coas mareas vivas, co propósito de aportar “o mellor percebe posible”. O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes destacou asimesmo a posta en valor do percebe de Aguiño que supón a celebración desta festa, e finalmente, o concelleiro Francisco Suárez-Puerta informou que o evento estará amenizado coa música do grupo Leite con Galletas.