Friday 22 de November de 2024

O Concello contratará 39 persoas para o servizo de salvamento e socorrismo das praias


O Concello de Oleiros contratará 39 novos traballadores e traballadoras para o servizo de salvamento e socorrismo. Cubriranse 27 prazas de socorristas, 4 de patróns/as de embarcacións, 6 de persoal sanitario, unha de supervisor/a e unha de xefe/a de equipo.

O Concello tamén convocou unha praza de arquitecto/a técnico/a de funcionario/a interino/a.

En ambos casos, o prazo de presentación de solicitudes para aspirar a estas prazas de salvamento e socorrismo vai desde mañá martes 27 de marzo ata o 10 de abril, ambos incluídos. É posible atopar as bases das convocatorias e toda a información na área de recursos humanos da web municipal.