• O curso, que tiña prevista a súa celebración para o mes de xaneiro, tivo que aprazarse por motivos de saúde do profesor que o imparte
• Estará dirixido polo 8º Dan e mestre adestrador nacional de judo, jiujitsu e defensa persoal, Bernardo Romay
• A actividade, que está aberta a todos os públicos, conta con prazas para 50 persoas e as inscricións poden realizarse a través do número de teléfono 981 405 064
• Terá lugar no patio cuberto do colexio público Manuel Fraga Iribarne de 17 a 20 horas
O vindeiro sábado, 13 de abril, o colexio público Manuel Fraga Iribarne de Cariño acollerá un curso de defensa persoal feminina, masculina e infantil dirixido por Bernardo Romay, 8º Dan e mestre adestrador nacional de judo, jiujitsu e defensa persoal.
A iniciativa, que está organizada polo Centro Deportivo Nova Saúde, conta co patrocinio do Concello de Cariño, que ademais se fará cargo dos gastos para a colocación do tatami, e coa colaboración do ximnasio Judo Club Coruña, onde Romay é profesor.
O curso, que tiña prevista a súa celebración para o mes de xaneiro, tivo que aprazarse por motivos de saúde do profesor que o imparte.
O número máximo de persoas asistentes que poden acudir ao curso é de 50 e as inscricións poden realizarse a través do número de teléfono 981 405 064.
A actividade, que está aberta a todos os públicos, celebrarase no patio cuberto da instalación de 17 a 20 horas.
Bernardo Romay é un dos grandes pioneiros do judo en Galicia e é o fundador de Judo Club Coruña, onde aínda hoxe segue formando a máis de 200 pupilos nesta disciplina.
Desde o equipo de Goberno do Concello de Cariño “animamos a todos vos veciños e veciñas do noso municipio a participar nesta actividade, apta para todos vos públicos, posto que consideramos que pode ser enriquecedora e de gran aproveitamento para todo ou mundo”.