Friday 22 de November de 2024

O ciclo ‘Música en familia’ busca reunir este abril a veciños e amigos ao redor de catro actuacións de intérpretes locais


• Comezará o venres 19 de abril ás 19.30 horas no Teatro da Beneficencia

• Constará dun Concerto de Conxunto Vocal e Piano; audicións de guitarra e percusión; de música e movemento; e de canto, vento madeira e metal

A Escola de Música do Concello de Ortigueira organiza ‘Música en Familia 2024’ o próximo mes de abril, un ciclo musical composto por catro actuacións que buscan “reunir a familias e amigos en torno ao talento musical local”.

O ciclo arrincará co Concerto de Conxunto Vocal e Piano, o venres 19 de abril ás 19:30 horas. O escenario para esta estrea será o inigualable Teatro da Beneficencia.

Nos días seguintes, as actuacións continuarán xa na propia escola de música. O martes 23 de abril os músicos de guitarra e percusión mostrarán as súas habilidades nunha nova audición.

O venres 26 de abril o alumnado de Música e Movemento ofrecerá unha actuación interactiva na que mostrará a conexión entre a música e a expresión corporal.

O ciclo terminará o martes 30 de abril cunha audición de canto, vento madeira e metal.