Friday 22 de November de 2024

VI Kedada Motera de Ribeira 


O concelleiro Francisco Suárez-Puerta presentou hoxe xunto aos Reventa Pistóns a VI Kedada  Motera de Ribeira que terá lugar o vindeiro 13 de abril.  

O evento comezará ás 15:00 en Plaza de España, e posteriormente levarase a cabo unha  saída moto-turística pola zona co propósito de promocionar o encanto turístico do Concello,  para despois volver á Praza de España donde se fará unha degustación de porco ao espeto  animada con DJ e un espectáculo sorpresa. A xornada, á que se espera que acudan arredor  de 2000 persoas, rematará con varias probas moteras; segundo explicou o presidente dos  Reventa Pistóns, Iván Olveira. 

Pola súa parte, o concelleiro expresou o seu compromiso coa colaboración do Concello  para a organización deste tipo de eventos “para que Ribeira siga sendo un referente nestas  concentracións”.