A preocupación polo benestar animal é tal que este goberno decidiu empregar parte da partida municipal para adicala a elo. Sabemos que hai moitas eivas e que queda moito por avanzar, sendo todo un reto, mais non é imposible. Precisamos de protocolos de actuación, profesionalidade, financiamento e rede.
O financiamento é chave para pór solución a moitas das problemáticas xurdidas nestes últimos anos, mais a rede entre as administracións, as entidades asociativas e a veciñanza resulta imprescindible para espertar conciencia e facer deste problema un espazo onde podamos como pobo recuperar aquelo que, por desgraza, está en perigo de extinción: a humanidade.
Altruísmo é sensibilidade, compaixón, axuda, loita, incluso antepondo o teu propio benestar, económico e mental. En definitiva, altruísmo é humanidade. As persoas altruistas tedes un valor e un xeito de facer que hai
que conservar polo ben de todos e de todas.
É complexo mediar nunha situación na cal te sentes responsable. O meu obxectivo non é nin máis nin menos que o de pórlle solución a toda esta problemática na contorna, en especial a parte da xestión e o tratamento das colonias felinas, posto que a día de hoxe é o que está máis descontrolado. Esta subvención é un comezo que implica, ademáis da castración dos individuos, a vacinación, posta de chips e tamén actividades, talleres e exposicións coma a que estades a ver, que sensibilicen os cidadas.
O seguimento e conseguir máis financiamento para estas accións será un obxectivo primordial tamén para que as colonias felinas volvan un día a ser, o que deben ser: agrupacións de gatos da rúa que viven en liberdade en entornos controlados. Para elo comezaremos acondicionando as colonias con casetas, cartelas informativas e dando amparo ás persoas alimentadoras dende o concello con carnets identificativos e cursos
que acrediten o seu conecemento.
Tede en conta que esta situación nos envolve a todos directa ou indirectamente, pois é unha inquedanza que en moitas ocasión xera conflito. Que entidades coma Callejeros Barbanza nos axuden a humanizar estas agrupacións causará un benestar e alivio para todas aquelas veciñas que vivían en conflito, ata o punto, quizáis, de que comecen a involcrarse tamén elas. O outro día Ángeles ensinounos fotografías do proceso de evolución dalguhas colonias e asegúrovos que pode chegar a pasar isto último, por estrano que vos pareza.
Aproveitemos esta oportunidade para recuperar a importancia da rede viva, do traballo comunitario, dos valores de exercer humanidade.
O altruismo enriquece a alma. Enriquecendo a vosa alma, predicando co exemplo, enchedes de vida ás persoas que vos rodean. As persoas altruistas sodes un tesouro que nesta equipa de goberno queremos conservar. Tedes o noso apoio.
Grazas a toda a equipa de Callejeros pola boa organización, pola rápida actuación, grazas ás alimentadoras e alimentadores por prestarvos receptivos a colaborar nas capturas, asistir ás formación, por todo o traballo diario que isto supón. Grazas a Ruth Montiel por esta marabillosa exposición que estará aquí ata o mes de maio e a Rosa e a Ángeles por aportar gañas, bo facer e luz neste camiño que supon levar a concellería de benestar animal.
En definitiva, grazas por axudarnos a ver a outra cara do mundo.
A miña admiración pola labor que facedes.