Friday 22 de November de 2024

O pavillón municipal da Gándara e o do colexio da Solaina acollerán mañá os “Campionatos galegos de voleibol”


O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, presentou xunto coa presidenta do club Narón Volea, Eva Romero, os “Campionatos galegos de voley” que se celebrarán mañá no pavillón municipal da Gándara e no do colexio da Solaina. O evento deportivo comezo ás 9:00 horas e o remate está previsto sobre as 21:00.

O campionato autonómico reunuirá a uns 400 deportistas procedentes dunha vintena de clubs de voleibol de Galicia, disputándose os partidos nas categorías benxamín feminino e masculino, prebenxamín e a Copa alevín, masculina e feminina. Trátase, como indicou Eva Romero, dunha fase puntuable, concretamente a terceira, para o Campionato galego prebenxamín e benxamín e a Copa galega alevín.

A competición, ao igual que en anteriores convocatorias, terá unha primeira fase de grupos, para que a continuación os mellor clasificados de cada unha delas xoguen as eliminatorias.

A presidenta do Club Narón Volea destacou a importancia de que a cidade acolla novamente un campionato autómico e destacou o apoio do Concello de Narón para poder organizalo, así como o da Federación Galega de Voleibol.

Pola súa banda, o edil de Deportes da cidade felicitou ao club local polo traballo que realiza e pola súa traxectoria deportiva. Santalla animou ás veciñas e veciños a acudir aos pavillóns da Gándara e da Solaina a animar aos equipos participantes, desexando moita sorte aos equipos do Narón Volea neste campionato.