Saturday 16 de November de 2024

Comeza o aniñamento da Píllara das dunas


A concelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo e a concelleira de Medioambiente, Antía Alberte, achegáronse hoxe a Coroso, donde axentes ambientais están a delimitar a zona de anidación da Píllara das dunas para evitar a perturbación dos niños.

O Concello está traballando en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural e os membros do grupo de investigación que, dende a Universidade de Santiago traballan coa Píllara das dunas co propósito de asegurar a viabilidade da poboación galega da Píllara nos areais do municipio.
A concelleira de Servizos Municipais, destacou que á hora de realizar a limpeza e rozas no entorno dos areais, “se está a seguir as indicacións da Universidade e dos Axentes ambientais para respectar o hábitat da especie e perturbala o menos posible”.

Co propósito de fomentar a educación ambiental e a sensibilización da comunidade respecto desta especie, o Concello está ademáis a organizar xunto coa USC e os axentes de Conservación, a impartición dunha charla dirixida o público xeral acerca da Píllara das dunas e, sobre todo, da relevancia do concello de Ribeira para a conservación da poboación galega, incidindo na búsqueda de convivencia entre uso humano das praias e mantemento da biodiversidade asociada a elas