Friday 22 de November de 2024

Tres convocatorias do Museo dos Oleiros para abril


Unha visita guiada ao Museo dos Oleiros, un Obradoiro de xoiería cerámica e unha charla sobre as louceiras de Bamio son as tres actividades que ofrece este centro municipal durante o mes de abril.

A visita, con demostración de Oleiría de Alberto Añón, terá lugar o sábado, 6 de abril, ás 17:30, cunha duración aproximada de hora e media, e realízase para conmemorar os Días Europeos da Artesanía.

Os catro sábados do mes, calquera persoa empadronada en Oleiros pode participar no Obradoiro sobre xoiería con molde impartido pola ceramista Susana Anta. Terá lugar de 11 a 13:30 h e resulta obrigatorio asistir ás 4 sesións. As persoas interesadas poden apuntarse entre o 21 de marzo e o 2 de abril na web municipal.

A investigadora da Universidade de Vigo Beatriz Comendador impartirá unha charla sobre a actividade louceira en Bamio (Pontevedra). Será o martes, 9 de abril, no propio museo, ás 17:30 h.