Friday 22 de November de 2024

O BNG esixe ao goberno municipal a cobertura inmediata do posto de conserxería no CEIP Ría do Burgo


Dende hai máis de 15 días non se está a prestar no CEIP Ría do Burgo o servizo de conserxería, unha responsabilidade municipal.

A pesar de contar con listas de substitución vixentes, o Concello non cubriu polo momento esta vacante.

Mentres tanto, profesorado do centro está a exercer esas funcións que non lle son propias, incluindo a apertura e peche do centro.

O BNG de Culleredo vén de reclamar ao goberno municipal a cobertura inmediata do posto de conserxería do CEIP Ría do Burgo que leva sen prestarse dende hai máis de 15 días. Esta contratación é unha competencia municipal mais, a pesar de coñecer con anterioridade da necesidade desta substitución e de contar con listas de substitución vixentes, aínda non se incorporou o persoal necesario.

A comunidade educativa do centro demanda solucións a esta situación, xa que mentres non se cubre a vacante, profesorado e membros da equipa directiva están a realizar funcións que non lle son propias e que restan tempo das tarefas de ensino, xestión do centro, atención e coidado do alumnado.

Para o BNG de Culleredo situacións como esta son derivadas da incapacidade do goberno municipal para a xestión do funcionamento básico da administración local e exemplifican o colapso dos servizos públicos municipais. A deficiente cobertura de persoal en tódolos servizos e a ineficiencia na xestión dos procedementos de contratación son a orixe desta situación e moitas semellantes, sen que os responsables políticos, nomeadamente o Alcalde, José Ramón Rioboo, e a Concelleira de Cohesión Social, Recursos Humanos e Réxime Interior, Marta Figueroa, amosen o máis mínimo aceno para un cambio de rumbo que mellore a situación.ares características.