Saturday 16 de November de 2024

O Concello solicita unha subvención á Xunta para renovar os lavadoiros da Milleira e O Pedrouzo


● As actuacións, que contan cun orzamento total de 28.423,24 euros, permitirán deixalos en perfectas condicións para o seu uso normal e corrixir o impacto paisaxístico que provocan actualmente.

O Concello de Camariñas ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, concretamente ao Instituto de Estudos do Territorio, para financiar os proxectos de renovación dos lavadoiros da Milleira (en Río do Prado, Camariñas) e O Pedrouzo (Xaviña), que contan cun orzamento total de 28.423,24 euros.

O obxectivo destas actuacións é o de deixalos en perfectas condicións para o seu uso normal e, á vez, conseguir a corrección do impacto paisaxístico que provocan actualmente, xa que están moi deteriorados.