Friday 22 de November de 2024

O concello presenta á Xunta de Galicia dous novos programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil “A Laracha coa xuventude II”


A iniciativa pretende o dobre obxectivo de mellorar a formación profesional dos mozos e realizar actuacións de interese xeral para a cidadanía larachesa.

Na última reunión da Xunta de Goberno Local acordouse presentar á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia un novo proxecto de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil que o Concello pretende organizar co dobre obxectivo de mellorar a formación profesional dos mozos incluídos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e realizar obras e actuacións de interese xeral en infraestruturas, equipamentos e espazos públicos.

Baixo a denominación A Laracha coa xuventude II, o programa deseñado polo Concello pretende a posta en marcha de dúas especialidades con dez alumnos traballadores en cada unha delas.
Unha das especialidades é a de limpeza en espazos públicos e instalacións, que contempla intervencións en diferentes localizacións do concello con lavado a presión e fregado de vías públicas e a limpeza de instalacións municipais, mobiliario urbano e sumidoiros, entre outros labores.

A outra especialidade é a de mantemento de xardíns, á que se encomendarían traballos de acondicionamento e restauración de zonas verdes por exemplo na urbanización Montesclaro, no entorno do centro social de Paiosaco, no Paseo marítimo de Caión e

O proxecto do obradoiro A Laracha coa xuventude II ascende a 644.811,09 euros, que o Concello pretende cofinanciar ao abeiro da convocatoria de subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización de programas destas características.

O outro programa no que o Concello pretende poder poñer en marcha é o

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “A LARACHA IX” PARA PERSOAS DESEMPREGADAS MAIORES DE 18 ANOS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO.

Este programa nace concibido como programa de formación, práctica profesional de persoas en situación de desemprego e maiores de 18 anos, respectando os principios de obxectividade, igualdade, transparencia e publicidade.

Baixo a denominación de Obradoiro Dual de Emprego A Laracha IX, o Concello pretende a contratación de 20 persoas, 10 por especialidade durante 9 meses. Durante ese período o alumnado-traballador ademais da obrigada formación teórica realzarán actuacións de cada especialidade.

No caso de especialidade de traballos de carpintería e moble se actuará no paseo de Gabenlle, na fabricación de mobiliario exterior diverso como Mesas, cadeiras, mesas pícnic, na fabricación dunha caseta para servizo de socorrismo, entre outras actuacións.

No caso da especialidade de Pintura industrial en construción as actuación serán por exemplo os vestiarios dos campos de fútbol de Paiosaco e Torás, o IES Agra de Leborís entre outras.

O proxecto do obradoiro dual de emprego A Laracha IX ascende a 541244,19 euros, que o Concello pretende cofinanciar ao abeiro da convocatoria de subvencións da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a realización de programas destas características.