A Xunta de Goberno do organismo, celebrada esta tarde, deu luz verde á posta en marcha do plan con máis de 20 medidas para garantir a igualdade entre mulleres e homes
A entidade reafirma o seu compromiso coas actividades artísticas, sociais e didácticas
A Xunta de Goberno do Consorcio para a Promoción da Música acordou esta tarde á posta en marcha do primeiro Plan de Igualdade co obxectivo de incorporar e desarrollar políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes. Este plan, que terá vixencia ata o 2027, súmase ao desenvolto a través da área de Deportes para a protección da muller no deporte así como o Plan de Igualdade Municipal.
O Consorcio da Promoción da Música asina así un documento estratéxico para seguir dando pasos en materia de igualdade tamén no ámbito cultural, coa posta en valor do talento e potencial das mulleres que integran a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Escola Municipal de Música xunto coas técnicas que forman parte do persoal municipal adscrito ao Consorcio. A entidade reafirmou hoxe tamén o seu compromiso co desenvolvemento de actividades artísticas, sociais e didacticas, co obxectivo de fomentar a promoción da música entre a cidadanía, medidas todas elas que rellas que recogerá el plan estratégico con una vigencia de diez años asentado na cooperación público privada para garantir a viabilidade do consorcio.
No compromiso asinado sitúase como principio a igualdade de oportunidades en materia de selección promocional, salario, formación e condicións de traballo e conciliación. Tamén atallar a infrarrepresentación feminina así como a prevención contra o acoso sexual.
“Entre as principais medidas a adoptar destaca a procura de tribunais paritarios na selección de artistas da Orquestra Sinfónica de Galicia, revisar os rexistros retributivos anuais obligatorios para que non se supere a fenda do 15% entre mulleres e homes, realizar campañas de sensibilización en corresponsabilidade, aumentar a contratación de mulleres solistas e directoras convidadas ao tempo que as representacións de obras compostas por compositoras e a formación da plantilla en materia de igualdade”, explicou o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro.
Para o seguimento do Plan de Igualdade crearase unha Comisión de Igualdade formada polo xerente do Consorcio, Andrés Luis Lacasa; María Salgado, xefa de xestión económica tesoreira do Consorcio; Alberto García, contable do Consorcio; María Elena Umbría, docente da Escola Municipal de Música; e catro representantes do persoal laboral, das que dúas serán de CCOO, unha da CIG e unha de UGT.