Friday 22 de November de 2024

A Coruña acolle as xornadas internacionais da rede Urbact Cope sobre políticas verdes europeas


Un total de sete cidades europeas lideradas por Copenhague daranse cita mañá e pasado no Centro Social da Sagrada Familia, con ponencias e accións cidadás en materia verde

A Coruña acollerá este mércores e xoves, 20 e 21 de marzo, as xornadas da rede Urbact Cope, unha representación de diversas cidades europeas asociadas para levar a cabo políticas comúns de acción climática. A cidade posiciónase así como un exemplo en políticas verdes compartindo modelo con cidades como Copenaghe, socio líder da rede, seguindo a liña do Goberno de Inés Rey para a consolidación da Coruña como referente en transformación urbana e sostible.

A xornada terá lugar no Centro Social da Sagrada Familia, seguindo o obxectivo do proxecto de involucrar a aqueles sectores de poboación que tradicionalmente quedaron á marxe da acción climática. A rede COPE busca así aumententar o alcance e o impacto das políticas municipais neste ámbito, abordando os desafíos relacionados coa enerxía, a mobilidade, a economía circular, a naturalización das cidades e outros aspectos clave da sustentabilidade urbana.

Levaranse a cabo diferentes actividades e ponencias ao longo dos días 20 e 21 entre as que destacan a exposición de Cristina García Fontán, arquitecta e profesora da Universidade da Coruña; e a ponencia sobre os planestratéxicos da Coruña en materia climática, que será abordada pola concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz. Ambas terán lugar o mércores 20 en quenda de tarde. Ademais realizaranse diferentes accións cidadás co obxectivo de repensar o barrio, na que o persoal técnico chegado das outras cidades achegará a súa visión local ao tempo que coñecen de primeira man A Coruña.
Xunto á Coruña e Copenhague, intégranse na rede diversas cidades europeas como San Quentin (Francia), Kavala e Korydallos (Grecia), Bistrita (Romanía), Vilnius (Lituania) e Pombal (Portugal), así como o Consello Danés de Tecnoloxía. Grazas á participación naRede URBACT COPE, as accións que resulten do proxecto sitúanse nunha posición moi vantaxosa para a obtención de financiamento europeo de cara á súa execución.