Friday 22 de November de 2024

O Concello de Oleiros abre unha aula de estudo nos xardíns da Biblioteca Rialeda


O Concello pon a disposición de todos os veciños e veciñas unha aula de estudo nos xardíns da Biblioteca Central Rialeda en Perillo, con 34 postos, coas condicións necesarias para facilitar o silencio e a concentración dos usuarios e usuarias. Está aberta ao público de luns a venres, en horario ininterrompido de 8:15 ás 21 horas.

Esta agradable e luminosa aula convértese nun espazo complementario ás 7 bibliotecas municipais de Rialeda, Santa Cruz, Oleiros, Dorneda, Mera, Nós e Lorbé. A estes centros hai que engadir tamén o do Pazo de Lóngora, especializada en temas ambientais e que forma parte do CEIDA.

A nova aula de estudo dispón de conexión a Internet con acceso WI-FI gratuíto e enchufes nas diferentes mesas. A instalación ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.